O proxecto Dixitega, seleccionado para competir nos “Premios europeos de Inspiración Rural e Agraria”

A Rede PAC escolleu o Grupo Operativo Dixitega, de dixitalización da cadea de valor da IXP Ternera Gallega, como semifinalista para participar nos galardóns europeos ARIA 2024, xunto a outros proxectos de diferentes zonas de España. Na súa segunda edición, estes premios buscan incentivar a participación da mocidade agraria e rural co obxectivo de apoderar aos máis novos.

Dixitega foi seleccionado na categoría “Agricultura competitiva e intelixente”, na que tamén competirá Demofarm, de Andalucía; unha iniciativa baseada na posta en marcha de solucións tecnolóxicas dixitais en fincas reais de agricultores e gandeiros co fin de compartir os beneficios da dixitalización agrícola con outros produtores. 

Máis proxectos seleccionados 

Na categoría de “Protección do medio ambiente”, participa o proxecto galego Agropurín, que nace para a valorización dos xurros de porco e a súa transformación en fertilizante e agua limpa para a rega. Tamén nesta categoría foi escollido o proxecto La-Junquera, desde Murcia, que abarca 1.400 hectáreas de terras agrícolas e se centra na aplicación de prácticas rexenerativas e sostibles, ofrecendo oportunidades educativas e empresariais aos mozos do rural. 

Dentro de “Tecido socioeconómico das zonas rurais”, compite DO-Utiel-Requena (da Comunidade Valenciana), que transmite a cultura vitivinícola a mozos dos 9 municipios que forman parte desta Denominación de Orixe, co obxectivo de afrontar o relevo xeracional e a profesionalización do sector. E tamén, Manjares de la Tierra (de Aragón), que consiste no deseño e desenvolvemento dunha planta industrial con nova maquinaria para redefinir o proceso de transformación e manipulación desta empresa, referente no sector da trufa, para ser máis eficiente e innovadora. 

E baixo a categoría “Mocidade rural”, encóntrase o Programa-Harimaguadas (Islas Canarias), sobre a recuperación das vítimas de violencia de xénero mediante actividades no entorno natural, obradoiros e dinámicas relacionadas co sector primario e as tradicións canarias, e Somnia (da Comunidad Valenciana), unha empresa que acompaña a nenos, adolescentes e as súas familias, ofrecéndolles servizos psicoeducativos, sesións de xogo familiar e actividades extracurriculares para promover o equilibrio entre traballo e vida familiar.